Augustal

Augustal de Messina, con Frederico II no anverso como emperador romano

O augustal (latín: augustale) foi unha moeda de ouro cuñada no Reino de Sicilia. Foi establecida en 1231 por Frederico II, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e Rei de Sicilia, cuñouse ata a súa morte en 1250 e tivo ampla circulación na Península Itálica. O mesmo nome déuselles tamén a algunhas moedas sicilianas de ouro posteriores de características e valor similares.[1][2][3][4][5]

Foi cuñado nas cecas de Brindisi e Messina e, ademais da unidade, emitiuse tamén o medio augustal, con idéntico deseño e proporcional en tamaño e peso.[6][7]

  1. Kowalski, H. (1976). "Die Augustalen Kaiser Friedrichs II". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 55: 77-150.
  2. Travaini, L. "Augustale". En Enciclopedia Federiciana. Istituto dell'Enciclopedia Italiana Treccani.
  3. "Augustal". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
  4. Grierson, P.; Travaini, L. (1998). Páxina 455. Páxina 187.
  5. Abulafia, D. (1992). Páxina. 222.
  6. Grierson, P.; Travaini, L. (1998). Páxina 172.
  7. "Gold 1/2 augustalis of Frederick II". American Numismatic Society.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search